DEIXÁDENOS APRENDER EN PAZ
Guerras, cambio climático, desprazamentos forzados e crises prolongadas.
As situacións de emerxencia multiplicáronse nas últimas décadas.
Cada vez son máis as escolas atacadas e utilizadas como obxectivo militar.
Sen paz, desaparece o dereito á educación. Sen escola, aumenta o risco de que os nenos e nenas sufran violencia, malos tratos, traballos forzados ou matrimonio precoz e forzado, no caso das nenas. Afástanse da súa infancia e das súas oportunidades de futuro.
Debemos escoitar a voz dos nenos e nenas que nos din que queren aprender en paz, xogar en paz, que queren poder crecer sen violencia nun ambiente seguro.
Informe “Escolas en crise. Como protexer o dereito á educación en situacións de emerxencia”
SEN DEREITO Á EDUCACIÓN...
- Máis de 224 millóns de nenos, nenas e adolescentes no mundo sofren as consecuencias das guerras, o cambio climático, os desprazamentos forzados e as crises prolongadas.
- Deles, 72 millóns non asisten á escola
- Dos 110 millóns de persoas no mundo que se viron obrigadas a abandonar o seu fogar para salvar as súas vidas, 43,3 millóns son nenos, nenas e adolescentes.
- O 48 % dos nenos, nenas e adolescentes en situación de refuxio están fóra da escola.
- A contratación de nenos e nenas segue a ser unha práctica habitual en máis de 17 países de todo o mundo.
DEFENDEMOS A INFANCIA
En Entreculturas, xunto coas nosas organizacións socias, traballamos en países como Kenia, Uganda, Etiopía, Sudán do Sur ou Colombia, en contextos de enorme complexidade política, social e económica.
Respondemos ás crises de forma rápida e eficaz, con axuda de primeira necesidade, pero tamén creando capacidades mediante a formación, a protección fronte ao recrutamento, o apoio psicosocial e a creación de espazos de convivencia e relación.